Situado na parroquia de Aguiño, este miradoiro acondicionado como área recreativa ten todo o necesario para pasar un día perfecto coa familia ou con amigos/as: un piñeiral con mesas, bancos, fontes e grellas. Todo iso cunhas magníficas vistas da Ría da Arousa e do arquipélago de Sálvora, Vionta e Noro